Poeta . Capítulo I

Poeta non é quen escribe poesía. Verdade absoluta. Xa Platón se equivocaba daquela chamándolle aos poetas “encubridores da verdade mediante os xogos de artificio da linguaxe”. Son o suficiente ninguén para cuestionar a filosofía deste gran pensador da historia. Meu benquerido Platón, erras. Erras dun xeito catastrófico.

Poeta é aquel que vive no arte, eu creo que non fai falla explicalo, que non fai falla entendelo. Nin tampouco se cuestiona, penso eu. Vai máis alá, máis alá da sensibilidade media, moito máis alá. Unha enfermidade no máis adentro, un gran vacío por encher e xa repleto de cores. A suprema extensión da mente e a verdadeira liberdade.

[Alguén se fixou nos bordes? das nubes. Son coma cempés. Minúsculas patiñas de gas branco  abrénse camiño no ceo azul]

O poeta goza.

Gozar é saber fluír do xeito máis pletórico, descompoñerse en anaquiños de pracer e efermidade. O verdadeiro infinito das sensacións. Sempre doces notas de piano na cabeza e crueis espiñas na psiqué.

[Cantos de vós chorastes só porque chovía?

 

A Silvia Fernández Chaves

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Sen clasificar coas etiquetas . Ligazón permanente.

4 Responses to Poeta . Capítulo I

  1. laucastro di:

    Sabes o único fermoso de ser poeta, Ramón? Que quen é o poeta pensa que é fermoso selo.

  2. As bágoas das nubes desequilíbranme.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s