A Recomposición

A Recomposición

 

érgome unha vez máis do meu chan frío e húmido

bote de cola

escollo os mellores anacos de carne viva que descansan no meu chan

pego un a un con paciencia e certa dose de amor en cada movemento

neste mesmo instante sáciome de poder

 

son a Santa Inquisición dos peores anacos de carne viva que descansan no meu chan

algo así coma no período Devónico, sobrevive o mellor anaco de vida

 

 

A Recomposición chega ao seu fin

 

Teño fame logo de tan meticuloso traballo

aborrezo cada anaco de carne viva que descansa no meu chan

prendo unha fogueira

o meu abismo xa non está tan frío e húmido coma antes da Recomposición

paso cada anaco de carne viva polas labaradas

ao primer contacto berran

vocean moi forte até que as mesmas lapas cesan o maldito son 

mastigo un a un con paciencia e certa dose de amor en cada movemento

neste mesmo instante sáciome de poder

no meu máis que amado abismo

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

3 Responses to A Recomposición

  1. Eu, túa nai di:

    Non sei que dicir o tal ler.
    Gústame esa “certa dose de amor en cada movemento”, non deixa de ser unha Recomposición “do teu ser?”

  2. curman di:

    Curmàn..Curmàn….. a si, me sinto eu…dende fai tempo…Pra min…a mellor das tùas composicions..!! Aperta dende Hamburgo!

  3. curman di:

    Ps: a mellor de todas as que conezo ou de ti lin.. Poeta!! Un gozo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s