“Agardo sentado no meu balcón. A miña cabeleira xa se une coa rúa. Detesto ser un Rapunzell extraviado, vicioso e sen forma”
Son e serei
pasan as horas
lúa nova, cuarto crecente, lúa chea, cuarto menguante
comeza o rito pagano de ver as musas espidas
ás agochadas
perdín o meu disfraz de cabaleiro
no cortello
logo de disfrutar dunha orxía animal
e case satánica
Son e serei
a esencia do té de “Les Fleurs Du Mal”
e do chupito máis ardente da absenta máis verde
Son e serei
o poeta extraviado nos abismos do verso
o Santo Inquisidor do amor e da nostalxia
e
o vento que asubía por entre as follas