Sorpréndeme caminhar pola rúa.

Sorpréndeme caminhar pola rúa.

Oprímeme o intento de volver ser quen era.

Satisfaime non conseguilo.

 

… monto no meu cabalo branco infectado polo asfalto

xa non é quen de galopar

o seu albo corpo comeza a ser engulido polo negro alcatranado

o seu trote redúcese a un pausado e custoso paso

como se camiñara nunha poza profunda de lama

xa non é quen de seguir

o acibeche petróleo chégalle polos xeonllos manchando

o seu rabo de cristal.

Cesa a súa cálida respiración,

deixando paso a unha intensa e xélida bafarada

impregnado a minha cavidade nasal de gasóleo

Baixo do cabalo

estou suando e tenho medo

a min o alcatrán non me afunde

só teño medo polo que lle poida pasar ao meu cabalo branco con rabo de cristal.

Ao fin, cando esperto volvo a unha realidade que dista moito de ser real,

é mais, aquí, non me interesan os cabalos nin o cristal.

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

1 Response to Sorpréndeme caminhar pola rúa.

  1. Mari di:

    Encántame. Gústanme os contrastes e o penúltimo verso “volver a unha realidade que dista moito de ser real”. Espero que ese cabalo non sexa unha metáfora de vostede.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s