seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos  seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos seres humanos

QUE ME DESQUICIAN!

| 1 comentario

Mais eu, o meu bico e as miñas ás botamos a voar de novo

A xentileza dos paxaros

co seu quebrado voo 

e o seu vibrante son

desamárrame o pracer de querer ser

un deles

 

O cormorán máis negro noite

coas ás máis longas e grandes

cun bico para comer canto peixe se me entolle

e voar

até máis alá do vello e inamovíbel horizonte

 

Acadar as terras máis inacadabeis

chorar cos mares máis fríos e tristes

e gozar con mares máis cálidos e algareiros

triturar co meu bico os peixes máis infames

e acobillar entre as miñas ás aos máis puros e naturais

 

Logo voarei e camiñarei pola area dunha illa nas nubes

deixando diminutas pegadas palmípedas tras de min

deitareime na area branca e etérea e descontrolada

para ver

como se apagan todas as bombillas de todos os edificios

como se esvaece até a última ánima do ser humano

como se arrasan todas as razas de todos os seres

como se extingue até a última planta e a súa semente

para ver

e

gozar deste dramático e pracenteiro espectáculo

 

Como colofón: Un novo e maior Big Bang

para deleite dos meus ollos

rebentados polas bágoas

 

É O FIN

mais eu, o meu bico e as miñas ás botamos a voar de novo

 

 

| 1 comentario

Os espellos

tristes e suxos

cavilan no meu reflexo

esteticamente fermoso e solitario

gozando dun orgasmo virxe e natural

 

mentres

a minha cabeza esnaquizada e quebrada

dorida por tanto cráter profundo

de tantos e tantos impactos de meteoritos,

retrocede cara a visión máis inxenua

máis inmaculada

 

… soa o timbre do forno.

 

Xa está feita a torta de mazá

 

Quentinha e gustosa baixa até o meu estómago animal

volveu o doce que me respalda e me mantén en pé

volve a min a forza dos cabalos de Alberti.

 

 

 

 

 

| Deixar un comentario

Requiem por unha raza que se apaga

“…penso en min, no mundo e na xente e condénome a sufrir”

 

NON

sei porque me empeño en dinamitar os meus pensamentos

máis puros e positivos

_

érgome polas mañás cedo

_

detesto ese cheiro a xofre, alcatrán e sobre todo desesperación

apesta a cada un dos seres infectados de escarnio e impurezas propias das rochas máis hostís

infectados da ignorancia e da desinformación, do conformismo e da pasividade,

da NON empatía e da máis intesa cegueira

apestades a raza humana

_

fago a cama apretando e amarrando moi forte as sabas no somier

_

[detesto que polas noites se desfaga toda a estabilidade  do meu descanso

e os meus pés entren nunha liberdade descontrolada

na cal acaban distorsionando os meus soños e   as miñas pálpebras abren para non volver pecharse.

o abismo é cada vez maior

acobíllome nel e penso nas madrugadas manchado de licor café

e vomito licor café, non me apaixoa, non me satisfai xa

encho o abismo coa instisfacción que nos rodea a TODOS

e non afogo porque non quero

[polo de agora

sei que son necesario aquí

como cada parte desta vella e infinita espiral de creación

estragada pola necidade dunha raza que se condenou a si mesma

_

non almorzo, xa hai ben de tempo que non o fago, prendo un cigarro e séntome na fiestra

_

apesta a alcatrán

nin Rexona nin Axe tapan xa este cheiro a FIN

este cheiro profundo a cartos e a fume

que anega os pulmóns, apreixa o corazón e cega ao cerebro

desexaría o afundimento do SISTEMA DO CHAPAPOTE

mais hai un perigo maior que cheira máis que ningún.

Se as mentes se apagan e todos comezamos a caer no fordismo máis sádico, nunca volveremos ver a infinidade de cores que nos regalou a nosa Verde e Eterna Nai e nunca deixaredes de cheirar mal

| Deixar un comentario

Sorpréndeme caminhar pola rúa.

Sorpréndeme caminhar pola rúa.

Oprímeme o intento de volver ser quen era.

Satisfaime non conseguilo.

 

… monto no meu cabalo branco infectado polo asfalto

xa non é quen de galopar

o seu albo corpo comeza a ser engulido polo negro alcatranado

o seu trote redúcese a un pausado e custoso paso

como se camiñara nunha poza profunda de lama

xa non é quen de seguir

o acibeche petróleo chégalle polos xeonllos manchando

o seu rabo de cristal.

Cesa a súa cálida respiración,

deixando paso a unha intensa e xélida bafarada

impregnado a minha cavidade nasal de gasóleo

Baixo do cabalo

estou suando e tenho medo

a min o alcatrán non me afunde

só teño medo polo que lle poida pasar ao meu cabalo branco con rabo de cristal.

Ao fin, cando esperto volvo a unha realidade que dista moito de ser real,

é mais, aquí, non me interesan os cabalos nin o cristal.

| 1 comentario

Desfíxenme nun branco case mutante.

Publicado en Flores Versadas | Deixar un comentario

Sentimentos elevados á auga

Houbo un soño no cal camiñaba por riba das ondas do meu mar eterno e infinito. Houbo un soño realidade onde me deixaba ir cara o deserto liquidísimo que me agardaba. Houbo un soño esquizofrénico que me toleaba até beber dun oasis de area que atopaba logo de moito camiñar. Houbo un soño que nunca cheguei soñar.

 

Xa esperto navego calmado

 

auga salgada ao fin baixo a miña nave de madeira vermella

comezo a viaxe cara o máis fermoso da liña do horizonte

onde me deitarei e volverei respirar salitre en cada bocanada de vida

 

Formo unha estela profunda ao navegar na miña vella gamela

parto o mar en dous nunha ferida sangante e quilométrica

 

Son a espada que atravesa a pureza máis elevada

a pureza da vida a eternidade da auga

salgada ou doce

chuvia ou nube

lagoa ou poza

río ou mar

non son digno da túa auga xunto ao meu carbono

detesto sucumbir ante tan elevado sentimento

mais só quero ser meu e un

 

só estarei preto de ti

e serei teu

 

cando as miñas cinzas sexan entregadas a eternidade do teu poder azul e olímpico

 

Publicado en Flores Versadas, Poesía | 1 comentario

Adeus Sr. Dousmildoce

San Tomé, Cambados, Galiza                           31/12/2012

Adeus Sr. Dousmildoce.

Desexo non telo moito no recordo, aínda que sei que serán varios os sentimentos que terei que pechar baixo chave. Non quero ter que revivir ningún dos seus días. Os seus negros e tristes días. Foi o abismo máis desesperante para o meu ser e para o meu camiño de reconciliación coa miña propia vida. Foi o peor ano da miña corta de 20 dos seus irmáns. Neles, polo menos, seguía respirando na burbulla da inocencia, da infancia, da ignorancia… máis adiante da adolescencia, da ignorancia tamén, da sociedade abrumadora, da indiferencia… pero vostede, vostede fíxome saír de moitas delas, por non dicir de todas. Isto é o porqué de que sexa o peor ano da miña vida, supoño. Cheguei a amar e odiar ao ser humano. Cheguei a odiar cousas das cales me arrepinto e non quero plasmar aquí. Cheguei a ter medo da miña propia persoa e aínda así, quixen saber cara onde me levaba. E logo de moito meditar, creo que cheguei á conclusión de que o meu Astro Interior aumentou dun xeito xigantesco. A súa calor anégame por dentro. Nunca a poesía me acubillara durante un período de tempo tan longo, e comezo con seu irmán Dousmiltrece do mesmo xeito, mais dun xeito completamente distinto en todos os demais.

Un pracer coñecelo, máis até aquí. Nunca volveremos a vernos. Diso si estou seguro.

Ramón R. Nogueira

Publicado en Flores Versadas | Deixar un comentario

Enredarme na túa maquillaxe é o que quero

Quero namorar do fume dos teus cigarros

xove ex-cabareteira

 

Axeonllarme aos pés do teu vestido

[sen corsé

e  bicar as túas pernas espidas

 

Aspirar cocaína polo meu/teu nariz virxe

non ensombrece a túa saborosa beleza

miña dona “flapper”

 

Non sei o teu nome nin quero

só me gustaría convidarte ao “Barney-mugging”

da miña existencia retroactiva

cabaleira

 

 

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , | Deixar un comentario

O espello

“Se as paredes tiveran oídos, os segredos xa non serían moeda de cambio”

 

Non sinto as miñas extremidades do frío intenso do meu espello

mergúllome até o máis fondo

máis abaixo

moito máis

                QUÉROO TODO PARA MIN!

 

O absoluto da escuridade máis recóndita do corpo

mergúllome até o máis fondo

máis abaixo

moito máis

                QUÉROA TODA PARA MIN!

 

O frío córtame o sangue do meu poema espello

e mergúllome até o máis fondo

máis abaixo

até que faga pé no chan

                QUERO TODO O POEMA PARA MIN!

                ABSOLUTAMENTE TODO

| 1 comentario