Hoxe durmirei quentiño entre as miñas sabas estragadas polas xestas e os toxos da indiferencia máis totalitaria da fraga menos verde e máis enlodada de todas cantas hai neste meu mundo atropelado por un camión bota asfalto…

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Foi na xanela da incoherencia onde te coñecín. 

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Son e serei

“Agardo sentado no meu balcón. A miña cabeleira xa se une coa rúa. Detesto ser un Rapunzell extraviado, vicioso e sen forma”

 

Son e serei

 

pasan as horas

lúa nova, cuarto crecente, lúa chea, cuarto menguante

comeza o rito pagano de ver as musas espidas

ás agochadas

 

perdín o meu disfraz de cabaleiro 

no cortello 

logo de disfrutar dunha orxía animal

e case satánica

 

Son e serei

a esencia do té de “Les Fleurs Du Mal”

e do chupito máis ardente da absenta máis verde

 

Son e serei 

o poeta extraviado nos abismos do verso

o Santo Inquisidor do amor e da nostalxia

e

o vento que asubía por entre as follas

 

 

Deixar un comentario

Logo de bastante tempo publicando moi de Pascuas en venres, volvo á carga con multitude de ideas e proxectos que andan rondando a miña cabeza e que algún xa está botando a cabeciña para nacer. Un pracer seguir escribindo e un pracer aínda maior, se cabe, que vós me sigades lendo. 

 

A rula é fermosa

abotoa ben as súas

ás e voa

 

Catalizadora dos ventos

espida, ispe

os soños onde eu

só bebo café

Purificación tiránica

Imperfecta

cando xogas coa túa frauta 

e cos teus sátiros, rula.

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Deixo que as rosas negras caian no meu xardín

esparcindo os pétalos

sen deixar espazo no solo para ver o verde da herba

 

Non quero que os meus pés espidos se pousen na verde vida

“É un erro moi común”

penso

mentres me deito no meu berce de pétalos negros

 

A imaxe mesma do fin dunha historia.

Trágame Terra

até o máis fondo

quero albiscar unha última vez o magma máis profundo e gorentoso

Publicado en Flores Versadas | Deixar un comentario

É o meu declive o que me eleva até petar as miñas meixelas contra os rebordos da Lúa…

Publicado en Flores Versadas | Deixar un comentario

“Nin de xeonllos recoñezo o meu descontento co gris azulado do meu ceo”

 

Sentida a paixón que me condena

desamarro todo canto cabo teña ao arredor

do meu corpo espido

 

a liberdade final das miñas extremidades

que me tocan

que me toco

e gozo na area até que me chama a noite

 

volver a comezar dende o principio único e irreversíbel

onde todo semella branco e azul luz

 

desafogo o meu verso na túa boca, Afrodita

mentres me namoro da última onda do mar que me acurruca carón dela

 

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Vomítasme navallas que me rabuñan a face

e as cortinas do meu bonito salón

Pero eu fico cego no chan mentres te ris de min

e do meu sentimento de poeta namorado do propio sentimento

unha razón máis pola que pechar os ollos de cego

e camiñar cara adentro

cara a máis fonda escuridade

cara o máis fondo do meu abismo

e aí darlle patadas de sangue á túa imaxe

e bicos de traizón e cobardía

 

Entrégome a ti canso da sangue

entrégome a ti libre e único

o sentido máis primario e complexo, miña azul

o máis necesario

 

Ai miña rula! Peco de Virxe nestes rueiros

e peco de inocente na mirada da escura lúa

máis sigo en pé e ergueito coma ninguén

Recorda a tenrura dos meus brazos

e o apocaliptico da miña razón

Recorda como flúe a miña verba por entre as túas mans

e o meu corazón entre os teus ollos de río

 

Non me malinterpretes querida, mais a maior virtude que tes é que amas demasiado.

A ver que pasa…

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

A Recomposición

A Recomposición

 

érgome unha vez máis do meu chan frío e húmido

bote de cola

escollo os mellores anacos de carne viva que descansan no meu chan

pego un a un con paciencia e certa dose de amor en cada movemento

neste mesmo instante sáciome de poder

 

son a Santa Inquisición dos peores anacos de carne viva que descansan no meu chan

algo así coma no período Devónico, sobrevive o mellor anaco de vida

 

 

A Recomposición chega ao seu fin

 

Teño fame logo de tan meticuloso traballo

aborrezo cada anaco de carne viva que descansa no meu chan

prendo unha fogueira

o meu abismo xa non está tan frío e húmido coma antes da Recomposición

paso cada anaco de carne viva polas labaradas

ao primer contacto berran

vocean moi forte até que as mesmas lapas cesan o maldito son 

mastigo un a un con paciencia e certa dose de amor en cada movemento

neste mesmo instante sáciome de poder

no meu máis que amado abismo

3 Comentarios

Ollo o desterro

das miñas pálpebras abertas

consúmome nas gorentosas queimaduras

do meu ardente astro interior

o que me leva cara min/comigo

e á vez cara cada homúnculo que respiro

Aliméntome de cada apetitosa deformidade

de cada respiración entrecortada e costosa

apiádome de cada ser

pero non son tempos

de ouvir paxaros e non prestar atención

chega a era do soño como realidade

cada chío de cada paxaro de cada árbore

unha bágoa feita carne no verso

[é o comezo do rexurdimento da fermosura

aquí nace o verso infinito

Publicado en Flores Versadas | 1 comentario