Quen son?

Chámome Ramón R. Nogueira, teño 20 anos e son de San Tomé do Mar, un barrio mariñeiro da vila de Cambados. Rematei os meus estudos de Bacharelato no IES Francisco Asorey. Agora estudo 3º Grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais formo parte da Liga Estudantil Galega, así como da Asociación ASOBlog Salnés, unha asociación cultural da comarca onde vivo.

Dende pequeno camiño nas fragas dos versos e das letras, dos contos e das rimas, das novelas… Dende o que podo recordar sempre me gustou escribir… máis non foi ata os 12 anos cando me introducín, definitivamente, no mundo dos versos. Sen dúbida quen fixo que en min nacese unha chama de interese ante a literatura e a poesía, por suposto, foi miña nai, que lle debo todo isto, mais tamén ten un oco especial o meu paso polo CEIP San Tomé, onde pasei uns dos mellores anos da miña vida, así como todos e cada un dos días no meus IES Francisco Asorey, que queira ou non queira gardo moitos dos mellores recordos na miña cabeza.

Comecei escribindo poemas sinxelos, mais ao ir avanzando a miña idade, a miña formación e sobre todo, ao ir aumentando as fronteiras da miña lectura, comezan aquí, as miñas andanzas pola poesía de vangarda, onde me sinto cómodo e onde me expreso con maior facilidade.

Comecei este blog co nome de BERROS DENDE O ALÉN e grazas a todos vós tivo un grande éxito que rematou coa publicación do libro homónimo da man de CANDEA.
Este blog naceu como desafogo dos meus desordenados e caóticos pensamentos. Como un despregue de todo o que sei contar a través da miña escrita. Un sorriso é o que fai falta nestes tempos e unha das cousas que mo debuxa na cara é “re”construir as miñas vivencias, pensamentos, sentimentos… nun papel deste xeito. E oxalá faga pensar, sentir, rir, chorar… a calquera que os lea e se a miña escrita pode axudar a alguén dalgún xeito pois mellor que mellor.

Alegraríame moito que deixárades algún que outro comentario que sempre ven ben saber as vosas sensacións e sentimentos cara/por a miña poesía.

GRAZAS!

BERROS DENDE O ALÉN leva á venta dende o 18 de Decembro do 2009 (día da presentación) nas librarías CONTOS e CABANILLAS de Cambados.

10 Responses to Quen son?

  1. Maricarmen di:

    Non me sorprendes Ramón, eu sabía que valias moito, gústame e agrádame que o vaias demostrando. Anímote a seguir escribindo, esa poesía é limpa e sinceira.

  2. aurora di:

    Con rapaces coma ti rómpese o tópico de que a xuventude de hoxe non é comprometida, podemos demostrar que as novas xeracións pensan.

  3. Pingback: Cambados(tk) » Deberías visitar o blog de Ramón Nogueira, has volver

  4. elena di:

    Alguén que te coñece “algo” me falou de ti hoxe que camiñamos moitos para defender o galego. Como me gusta a poesía e,aínda que son bastante vella, non perdín a curiosidade e o entusiasmo por aprender, aquí estou, xa moi tarde para min, lendo o que escribes. Quero felicitarte porque me gustou e me sorprendeu que a túa poesía amose tanta madurez e animarte a que sigas surfeando sen vertixe nese océano de palabras e sensacións para que acabes atopando a onda perfecta que te erga e te acerque a esas estrelas que envexas.

  5. Marina di:

    Ramón :

    Coñecinte sendo pequeno,na casa de Antía. Na túa cara sempre levaches debuxado un sorriso sincero, agradable, agarimoso..Nono perdas.Necesitamos xente nova coma ti .Gústame a túa poesía.Sempre leo as túas publicacións . De sempre tiven un sentimento moi especial pola túa nai…
    Bicos

  6. Zeltia di:

    Pois eu non te coñezo de nada,
    pero curioseando polo blog, entroume curiosidade de saber do autor.
    Sorpréndeme saber que és tan noviño!
    (Os que che estamos na decadencia sempre pensamos que xente nova todo é fume)
    Alédame ver que, se fume fose, tenche moito arte!
    Parabéns, gústame, gústame o que fas.

  7. ricardo di:

    Gustame como escribes. Demostra unha madureza pouco habitual nun rapaz da tua idade. Parabens e animo

  8. Pingback: FLORES VERSADAS

  9. Morgan di:

    Alguén que te coñece “algo” me falou de ti hoxe que camiñamos moitos para defender o galego. Como me gusta a poesía e,aínda que son bastante vella, non perdín a curiosidade e o entusiasmo por aprender, aquí estou, xa moi tarde para min, lendo o que escribes. Quero felicitarte porque me gustou e me sorprendeu que a túa poesía amose tanta madurez e animarte a que sigas surfeando sen vertixe nese océano de palabras e sensacións para que acabes atopando a onda perfecta que te erga e te acerque a esas estrelas que envexas.
    +1

  10. Remedios Padin di:

    Ola Ramon:
    Había tempo que non entraba no blog. Gustanme estos novos textos, do cotia, esta prosa curta, menos elaborada? fresca, axil, refrescos…bicos. Reme.

Deixa unha resposta a ricardo Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s