Tag Archives: Mar

Nin rocha, nin nada

“Descompóñome nunha triste e doce simetría” Non son digno de que entres na miña casa pero unha verba túa bastará para manterme aceso nos confíns da miña rocha descompóñome no magma máis ardente Derrétome polas empredradas rúas de Compostela universos … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Detesto

“Sinto excitación cando penso en tragarme toda canta auga hai no mar” Detesto     Olla para o norte dende a mesma perspectiva ca min ves algo? eu levo anos mirando e nunca vin nada supoño que non haberá nada que … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | 1 comentario

Case me esquezo do que son eu mesmo

Hai anos comezaba un camiño na miña caótica cabeza. Descubrín que tiña profundidade na miña onda de ideas. Afondei. Case afogo, mais sempre manteño que a axuda dos meus peixiños é tan necesaria coma o osíxeno nas miñas branquias mamíferas. … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios

Axeonllada e sen forzas cavila a pequena princesa salgada: – Cando encha a marea e a raia do horizonte sexa máis visíbel,  nadarei contigo da miña man. Auga e luz.   Á minha Musa de Sal    

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Incribelmente canso, con fame e resentido dos aires de grandeza da miña nai choiva. Que me choves! Intúo prepotencia nas túas pingas frías pola miña face cálida, morna e morena, cando só me deixo caer nos abismos da miña inocencia … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Dorme no máis alto da torre onde ninguén fala nin escoita nada Está como caída entre berros bolboretas nas xanelas máis lonxanas erguidas no sol gargalladas Estás fuxindo na arte do paralelo nos voos dos corvos máis brancos profundos Cume … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Grandes momentos

Baixo o pseudónimo escrito entre cabalgaduras salgadas as verbas arcaicas intúen as miñas transparencias deixándome nu cru vitela nos parámetros tan remotos coma o tempo mesmo deixas chover follas de papel en branco unha no ombro un asubío outra na … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Isto é moito

Logo de varios días sen publicar e sen escribir nada, chego a conclusión de que me falta algo. É un peligro, xa que non sei que me falta. Hai tempo que non lle adico horas e horas a pensar e … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Cantigas de serea galega

Ínvadiume con azuis e amarelos gamelas na auga e remos infinitos aos meus ollos de neno. Cantigas de serea vestida de vella galega agardando a unha gaita tirada na area branca. Fai de min fume, son de sons, sinto o … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , , , , , | 1 comentario

Eterno

Déixome levar polas ondas, bater comigo as pedras, leves caricias de poeta frustrado camiñante sen rumbo cara un espello ateigado de reflexos dourados cun doce nome un saúdo nunha lingua estranxeira perpelexo me deixan liñas parelas contínuas e infinitas camiño … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario