Novo Berro Dende o Alén

Debo a miña vida á vosa vida

e a vosa vida é o que me está a roubar a miña vida,

 

seres despreciables e antinatura,

 

o meu amor cara vós é inmenso e especialmente profundo

e encamíñame a un odio laberíntico do cal non podo fuxir

 

un bucle sen sentido no cal me sigo acobillando coma un tigre en perigo de extinción

absurdo e ridículo

que lle ten medo ao asubiar do vento máis feble

 

Non son digno de que entres na miña casa pero unha palabra túa pode facer que volva a recoller mazáns do Edén co meu sorriso infantil pero sincero, forte e profundo.

 

Calquera día caénme os dentes…

e

nin sorriso, nin tigre, nin nada

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s