Vomitaría e choraría sangue se fose palestino.

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Hai xente que goza máis do envase que do propio olor do perfume…

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

E pregúntome eu,

que cabe esperar dunha sociedade que se preocupa máis de ensinar que está facendo que de disfrutar de facelo?

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Novo Berro Dende o Alén

Debo a miña vida á vosa vida

e a vosa vida é o que me está a roubar a miña vida,

 

seres despreciables e antinatura,

 

o meu amor cara vós é inmenso e especialmente profundo

e encamíñame a un odio laberíntico do cal non podo fuxir

 

un bucle sen sentido no cal me sigo acobillando coma un tigre en perigo de extinción

absurdo e ridículo

que lle ten medo ao asubiar do vento máis feble

 

Non son digno de que entres na miña casa pero unha palabra túa pode facer que volva a recoller mazáns do Edén co meu sorriso infantil pero sincero, forte e profundo.

 

Calquera día caénme os dentes…

e

nin sorriso, nin tigre, nin nada

Deixar un comentario

UTU

E verte a ti, Gran Rei UTU,

e os meus ollos bótanse a chorar

[o que non sei é se é de emoción

ou da túa luz ultravioleta.

Deixar un comentario

Tenho descosido o corazón

e dóeme cada unha das veces que intento introducir a agulla na minha carne ensanguentada

para volver coselo

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Hoxe, Afrodita estase partindo da risa mentres se masturba no seu leito de follas douradas e observa o AMOR do século XXI.

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Diálogo de High Birds

Breton a Buñuel no 1966, pouco antes de que morrera o pai do surrealismo.:

– Hoxe ninguén se escandaliza, a sociedade atopou maneiras de anular o potencial provocador dunha obra de arte, adoptando ante ela unha actitude de pracer CONSUMISTA.

Contesta Ramón Nogueira en 2014:

– Ou sexa, o único que entendo, mestre, é que non cambiou absolutamente nada en case 50 anos.

Deixar un comentario

Rematou o INTIMISMO

[NUNCA MÁIS quero volver sentilo

Detesto no que se convertiu a raza humana co seu vaivén de preocupacións estúpidas e banais implorando unha tranquilidade que nunca chega porque sempre hai máis que para min é menos a insatisfacción a carraxe a tristeza son termos que respiro cando saio á rúa a DECEPCIÓN a insulsa preocupación social e por suposto a inexsitente e ineficaz activación social O PODER do Estado caeu o da EMPRESA MEDRA o solpor xa é NOITE a luz cesa nas mentes máis poéticas e artísticas a humanidade está cega e camiña descontrolada e ideolóxicamente indefinida e caótica enferma terminal do cancro do MERCADO cara un abismo de sangue frío terror e lama

e eu négome a sentir algo ÍNTIMO até que deixe de sufrir e sentir o tremor de cada un dos meus irmáns de RAZA dos meus irmáns de PATRIA e de cada un dos SERES VIVOS que habitan neste puto PLANETA que amo.

 

Publicado o por Ramón Nogueira | Deixar un comentario

Hoxe erguinme con ganas de beber sangue “Yanki”.

Publicado o por Ramón Nogueira | 1 comentario