NOITE DE CANS

Din das noites de cans
que non son axeitadas para camiñar.

Fervo sentado no sofá
co meu libro
a miña candea acesa
e o meu lume extinguido.

De noite respiro
e corro e salto
de estrela en estrela
remato sentado na lúa
cos pés colgando dela
e bebendo as miñas propias bágoas salgadas.

Camiño paseniño
cavilando nas lagoas
de auga salgada que produzo
ao abrir os ollos, xa vermellos,
comezo a estar canso.

Din das noites de cans
que non son axeitadas para camiñar,
máis a min
son as que máis me gustan.

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Flores Versadas coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to NOITE DE CANS

  1. Cheres di:

    Os días malos son os que máis inspiran…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s