Ela, a estrela.

Dende a punta hora en que camiño sen rumbo, só sigo unha senda. A da miña estrela. Móvese de acá para acolá e non deixa oco no ceo sen ser alumeado pola súa inmorrente luz, máis nunca me desvía do meu final. Cando escorrego e os meus ollos albiscan algo semellante a un camiño paralelo, a estrela baixa e cun dos seus raios azoutame a face para que siga o meu benquerido vieiro, alumeando cada paso, por pequeno que sexa, que dou. E non me canso de tirar cara adiante, nin de sentir dor nas miñas pupilas co seu alumeo de astro, de astro máis rei que o propio sol. E nunca deixo de camiñar por pequeno que sexa o paso, nunca. E traballo noite e día para que ela non deixe de alumear cada paso que dou. Os dous nos queremos, nos apreciamos e imos xuntos. Unha cuestión de vida ou morte. Non é simple sexo.

Coiro e planta

Paseniño, pero sempre.

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Flores Versadas coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to Ela, a estrela.

  1. Lore :) di:

    OOhh, me encanta Raa!
    Lo de “non é simple sexo” me ha llegado jajaja
    Además, me gusta que te “azote” je je je
    xDDDDDDDDDDD

  2. Zoe di:

    😀
    me encanta!!

  3. Cheres di:

    O mellor, o final.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s