Acaba de ocorrerme unha cousa que me fascinou. Recollendo a miña habitación chea de papeles, cables, libros, gafas de sol e cousas polo estilo, atopei un poema que data do 20 de marzo do 2010. Pensei que o perdera… e cando ocorreu isto, doérame moito por ser uns dos versos que máis me apaixoaron ao sair do meu carbón… mais volveu a min, no momento que tiña que facelo. ADORO A POESÍA.
Era na miña fiestra escarlata
onde cavilaba, desexoso, no meu eterno eu
no meu eterno ti
Horas queimadas, horas cinsa
aprobeito o incansábel momento
de chegar á realidade
aborrezo o místico
a salitre ou o pan
Xanelas abertas coas dúas follas
nunha imposíbel aperta
Quero ser a túa delicia
e colarme, cauteloso, nunha fiestra escarlata
subir ao faiado
e berrar con forza
“Non son Asterix!”
“Non teño unha pócema que me faga imbencíbel!”
Aborrezo a fantasía…
A Ilargia
Fasme sentir pequena, máis pequena. Por este tipo de cousas desexaría non medrar nunca. Ramón… vaia bofetada nos dá a realidade.